PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

miércoles, 31 de marzo de 2010

LEMBRANZA DUN EX-DIRECTOR (PABLO PEREZ VARELA)


Entre os anos 2005 e 2008, Pablo veu encher o grande vacio que deixara Enrique Alvarellos. Era unha tarefa nada facil, pero pouco a pouco Pablo, coa sua afable personalidade e os seus coñecementos de musica coral, logrou sacar o mellor de todos nos.
Cando nos comunicou a sua marcha por motivos persoais sentimolo de verdade. Nunca o esqueceremos como director e como persoa.

CURRICULUM VITAE
Pablo Pérez Varela (Vigo, 1974) comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Enrique Goberna, onde obtén o título de Profesor de Piano coas máis altas calificacións. Recibe clases ademáis de So Young Moon e Martín Millán entre outros...
Asimesmo acude a cursos e clases maxistrais con Lilí Ranki, Vladimira Smausova, Arpad Bodó, Lidia Stratolat, Irina Zariztkaia, Peter Bitell, Boris Berman, etc...
Dende ben novo ofrece numerosos concertos didácticos por puntos de toda Galicia e foi gañador e finalista de concursos como o “Novos Intérpretes” de Vigo, “Royale” en Vigo, Santiago e Madrid, ou o “Certamen Internacional de Piano” celebrado en Marín (Pontevedra). Tamén representa á Cidade de Vigo nunha serie de concertos celebrados en Lorient, Francia.
Comeza a súa andadura coa música coral a partires do ano 1994 acompañando ó piano a diversas corais polifónicas ata que en 1997 funda e dirixe a coral polifónica “Val do Fragoso” de Vigo, o seu primeiro coro.
Ten como maestro de dirección coral a Joan Company co que comparte experiencias como membro do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, ó que pertence dende o ano 1999 e no que recibe clases regulares de canto.
Ata o curso 2007-2008 foi profesor de Piano, Linguaxe Musical, Música de Cámara e Harmonía na Academia de Música e Danza Parsifal de Monterroso (Lugo), e dende o ano 2005, foi director da Coral Polifónica de Agolada.
Como director séntese especialmente orgulloso de que se valorase o traballo co coro de Agolada sendo seleccionado no Certame “En Clave Coral” de 2007 entre máis de 250 masas corais galegas e coa preparación dun denso e variado repertorio.
Dirixíu tamén diversos coros como a coral polifónica “Ecos do Ulla” de Monterroso (Lugo) coa que presentou en estreo absoluto a obra “Castelao” composta por Mónica Rodriguez Ces na reunión anual da Real Academia Galega celebrada en Monterroso co gallo do ano de Lorenzo Varela (2005).
Participa ademáis na dirección do grupo vocal Opus8 e no coro de nenos “Parsifal” de Monterroso (Lugo).
Actualmente, e dende setembro de 2009, dirixe a coral “Alborada” de Cabral (Vigo) e participa no proxecto “Coro - Orquesta Vigo 430”.
Así e todo, a presentación como músico (que non maestro) de Pablo Pérez sempre será a de Director de Honra da Coral Polifónica de Agolada, galardón outorgado e ben enmarcado nunha preciosa cea de despedida e que reza así: “En recoñecemento á sua inestimable labor nesta coral, logrando coa súa depurada técnica e ó seu bó talante que, sen aparente esforzo, alcanzaramos o máis alto nivel que permitían as nosas posibilidades. Tamén pola súa aportación ó enriquecemento do léxico coral coa creación de novas expresións coma sopris, contris, tenorios ou mirade para ó gordo que seguramente votaremos en falta.”
Só por este simpático (por non dicir cachondo) xesto, Agolada estará sempre no seu corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario