PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

sábado, 13 de marzo de 2010

SEMBLANZA DE ENRIQUE ALVARELLOS, PRIMEIRO DIRECTOR DA CORAL



O "maestro" Alvarellos, como a él lle gustaba que lle chamaran, a diferencia dos "mestres" (término utilizado no mundo da docencia) foi o primeiro director da coral.
Enrique Alvarellos Iglesias, criado en Soutolongo (Lalín), pero que desenvolveu a meirande parte da súa actividade profesional na cidade de Lugo, era un home polifacético e de enorme personalidade que botou a andar partindo de cero a Coral Polifónica de Agolada.
Compatibilizaba a dirección da nosa coral coa da coral Ecos de Ulla de Monterroso, A coral do Hospital de Calde, a da Policía Municipal de Lugo e a do Orfeón Xoán Montes, do que tamén foi fundador.
Ademáis da súa faciana de director foi tamén compositor de innumerables pezas para coral, banda, etc..
Tamén destacou no mundo da literatura, sendo autor de numerosos libros e propietario dunha editorial.
Para completar tan intensa actividade era propietario dunha academia en Lugo na que preparou a milleiros de estudantes ó longo de moitos anos de docencia.
Espero nun futuro próximo engadir unha biografía máis completa de Enrique, xa falecido e do que gardamos un recordo imborrable.

1 comentario:

  1. Benqueridos amigos, Benvidos a este mundo virtual ao outro lado do cristal, e os meus/nosos parabens,como presidente da Asociacion Amigos da Banda de AGolada, e por soposto no meu propio.
    Xa dimos de alta o enlace, tanto no blog da Banda, como no meu Ao pè do Farelo.
    Esperamos e desexamos unha moi fructifera colaboracion, e traballo en comùn, para o que estamos abertos as vosas iniciativas, e necesidades.
    Unha aperta

    ResponderEliminar