PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

sábado, 13 de marzo de 2010

MEMORIA ACTIVIDADES

Grazas a D. Anxel Iglesias (Cura de Val de Sangorza e outras parroquias), primeiro presidente e fundador da Coral, que recopilou concienzudamente as actividades desnvolvidas pola coral dende a sua fundacion, dispoñemos dunha memoria exhaustiva na que podemos lembrar unha morea de actuacions que xa tiñamos esquecidas. O noso agradecemento a D.Anxel.
Tanscriboas tal e como as redactou.

MEMORIA DE ACTIVIDADES
Comenzou os ensaios no mes de outubro de 1992, baixo a dirección do maestro Enrique Alvarellos Iglesias , sendo Presidente D. Angel Iglesias Sarandeses e cun número de compoñentes que chegou a ser de oitenta voces mixtas, ainda que este número variou constantemente ata o momento presente cunhas 28 voces.
1.- O día 25 de decembro de 1992 ás 6,30 da tarde, na Igrexa Parroquial de Agolada, realizou a primeira actuación en público con un concerto de panxoliñas que ainda que non se pode considerar a presentación oficial, contou con gran éxito de público e foi moi aplaudida.
2.- O día 13 de xuño (San Antonio) de 1993, ás 7 da tarde, na igrexa parroquial de Agolada foi a presentación oficial da Coral. Apadrinounos a Coral “Ecos do Ulla”, de Monterroso. Houbo un cheo total.
3.- O día 20 de xuño de 1993, actuación en Santa María de Val (Agolada), dentro da Semana Cultural. Actuación na Igrexa, cantando a misa do Corpus e actuando ó final.
4.- O día 17 de xullo de 1993, ás 12,30, no palco da festa de Esperante (Agolada), cantouse a misa e despois deuse un concerto.
5.- O día 21 de agosto de 1993, ás 13,30, deu un concerto no palco da Festa do Rio na Cornella, Puentearcediago.
6.- O día 29 de agosto de 1993, ás 12 horas, cantouse a misa e ofreceuse un concerto no palco do Campo da Festa de Artoño (Agolada).
7.- O día 5 de setembro de 1993, ás 6 da tarde, cantouse a misa en Ventosa (Agolada), despois deuse un concerto.
8.- O día 11 de setembro de 1993, ás 11 da mañá, na igrexa parroquial de Agolada cantouse a misa e ofreceuse un concerto con motivo da Xuntanza Xeracional dos nacidos en Agolada nos anos 40-50.
9.- O día 31 de outubro de 1993, Ano Santo, a Coral peregrinou á Catedral compostelana, Participou na misa do peregrino, cantando unha canción no Ofertorio e outra na Comunión.
10.- O día 20 de novembro de 1993, ás 6 da tarde, celebramos por primeira vez a festa de Santa Cecilia no Pabellón Polideportivo de Agolada. Houbo misa cantada pola Coral, que ó final deu un breve concerto.- Actuaron tamén a Banda de Música de Agolada, o grupo de gaitas Dallecorronco, o grupo de baile e pandereteiras.
11.- O día 25 de decembro de 1993, ás 6 da tarde, na igrexa de Agolada, ofreceuse un concerto de panxoliñas.
ANO 1994
12.- O día 7 de maio de 1994, ás 7 da tarde, Concerto na Igrexa Parroquial de Agolada con motivo do Día das Letras Galegas, xunto có Orfeón Xoan Montes.
13.- O día 21 de maio de 1994, ás 7,30 da tarde, participamos no macroconcerto: “Doscientas voces en concierto”, no Círculo das Artes de Lugo, xunto coas corales, Ecos do Ulla de Monterroso, Coro da Policía Local de Lugo e Orfeón Xoan Montes, todos dirixidos por Enrique Alvarellos.
14.- O día 28 de maio de 1994, ás 8 da tarde, concerto no Auditorium de Monterroso, con motivo da Letras Galegas.- Actuou tamén a Coral de Monterroso, que nos obsequiou cunha placa có escudo de Monterroso.
15.- O día 12 de xuño de 1994, ás 6,30 da tarde, cantamos á misa do Corpus en Val (Agolada), seguida dun concerto.
16.- O día 26 de xuño de 1994, ás 12, cantamo-la misa, seguida dun concerto, na igrexa de Agolada, dentro da Semana Cultural de Agolada.
17.- O día 7 de Agosto de 1994, ás 13 horas, cantouse a misa, seguida dun concerto dentro dos muros do mosteiro de Carboeiro (Silleda), Despois houbo unha comida campestre xunto ó rio.
18.- O día 21 de agosto de 1994, fumos de excursión ó Santuario do Cebreiro (Piedrafita), onde cantamo-la misa das 12, moi concurrida, seguida dun concerto. Comida campestre no Cebreiro. A media tarde pasamos por Triacastela e logo polo Mosteiro de Samos, onde demos un concerto ás 8 da tarde, despois merenda campestre e regreso a casa.
19.- O día 28 de agosto de 1994, ás 13 horas cantamo-la misa en Santa Comba (Festa de Santa Minia), e ó final un pequeno concerto.
20.- O día 19 de novembro de 1994, ás 6 da tarde, festa de Santa Cecilia no Polideportivo de Agolada, a Coral cantou a misa e un pequeno concerto. Actuaron tamén as Bandas de Música de Agolada e Monterroso, os grupos de gaitas Dallecorronco e Bico da Balouta e o grupo de baile Luarada.
21.- O día 4 de decembro de 1994, ás 12 horas, a Coral participa por vez primeira no Festival de Panxoliñas organizado por Caixavigo, no Teatro García Barbón. Comida en Cangas. Clasificados 13º lugar.
22.- O día 18 de decembro de 1994, ás 6 da tarde, actuación na igrexa de Portonovo, no tercer Certamen de Panxoliñas.- Actuaron tamén o Coro San Xinés de Padriñán e a Coral Santa María Adina de Portonovo.
23.- O día 25 de decembro de 1994, ás 6 da tarde na igrexa parroquial de Agolada, ofreceuse un concerto de panxoliñas.
ANO 1995
24.- O día 7 de xaneiro de 1995, ás 9 da noite, actuación no Mosteiro de Acibeiro (Forcarei), xunto có Coro de la Tercera Edad de A Estrada, Polifónica Trasdeza de Silleda, Polifónica de Lalín, e Polifónica de Oca. O final todalas corais cantaron xuntas “Adeste Fideles”.
25.- O día 13 de maio de 1995, ás 12,30, misa cantada no palco da festa de Baiña en honor a San Isidro.
26.- O día 4 de xuño de 1995, misa cantada e concerto na Igrexa de Borraxeiros (Agolada).
27.- O día 11 de xuño de 1995, ás 6 da tarde, misa do Corpus e concerto na igrexa de Val (Agolada).
28.- O día 29 de xuño de 1995, misa en honor de San Pedro na igrexa de Agolada.
29.- O día 20 de agosto de 1995, excursión ó Santuario dos Milagros, de Molgas (Orense). Cantouse a misa ás 12. Comida campestre, pola tarde visitouse Baños de Molgas, Allariz e de regreso cenouse no camiño.
30.- O día 28 de outubro de 1995, ás 5,30 da tarde, concerto na igrexa de Agolada con motivo da Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Agolada.
31.- O día 18 de novembro de 1995, ás 8 da tarde, concerto no Salón Cultural do Concello de Taboada (Lugo), dentro dos Circuitos Culturais.
32.- O día 26 de novembro de 1995, ás 6 da tarde, no Pabellón Polideportivo de Agolada, cantouse a misa pola festa de Santa Cecilia. Actuou tamén a Banda de Música de Agolada, Grupo de Gaitas e de baile. O final coral e banda interpretaron o Himno Galego, dirixidos por E. Alvarellos.
33.- O día 10 de decembro de 1995, ás 13 horas, participación no XXX Festival de Panxoliñas de Caixavigo, no Teatro García Barbón de Vigo. Comida cerca de A Guardia.
34.- O día 29 de decembro de 1995, ás 9 da noite, actuación na Televisión Local de Lugo, interpretaronse sete temas e foi entrevistado o presidente da coral D. Angel Iglesias Sarandeses.

ANO 1996
35.- O día 7 de abril de 1996, domingo de Pascua, ás 12,30 horas, cantouse a misa no Santuario de Abades - Bandeira, dentro dos Circuitos Culturais da Consellería de Cultura.
36.- O día 17 de maio de 1996, ás 8,30 da tarde, misa e concerto na igrexa de Palas de Rei (Lugo), dentro dos Circuitos Culturais.
37.- O día 19 de maio de 1996, ás 7 da tarde, concerto no Colexio Público de Antas de Ulla (Lugo), para axudar á viaxe de fin de curso dos alumnos.
38.- O día 25 de maio de 1996, ás 7 da tarde, concerto no Auditorio de Antas de Ulla, dentro dos Circuitos Culturais. Participaron 41 coralistas.
39.- O día 9 de xuño de 1996, ás 6 da tarde, misa do Corpus e concerto en Val (Agolada).
40.- O día 29 de xuño de 1996, ás 12,30 horas, cantouse a misa de San Pedro en Agolada polas festas patronais.
41.- O día 25 de agosto de 1996, concerto ás 12,30 horas e a continuación misa cantada na igrexa de Forcarei pola festa en honor á Virxe das Dores. Igrexa chea de público. Asistieron 33 coralistas. Comida no Restaurante París de Forcarei.
42.- O día 1 de setembro de 1996, ás 13,30 horas, na igrexa de Belmil (Santiso), cantouse a misa da boda da filla de Ovidio Leiva, pois, tanto o pai coma a nai son compoñentes da Coral.
43.- O día 23 de novembro de 1996, ás 6,30 da tarde, celebración da Festa de Santa Cecilia no Polideportivo de Agolada, A Coral cantou a misa e despois actuaron a Banda, grupos de gaitas e pandereteiras. O final coral e banda interpretarn o Himno galego dirixidos polo director da Banda, José Luis Quintás.
44.- O día 7 de decembro de 1996, ás 8,15 da tarde, participación no XXXI Festival de Villancicos de Caixavigo, no Teatro García Barbón de Vigo. Asistiron 39 coralistas. Cena en Forcarei.
45.- O día 29 de decembro de 1996, ás 7 da tarde, Festival de Panxoliñas, organizado a través da FECOGA, coa participación da Coral de Taboada (Lugo) e da nosa Coral. Asistiron 32 coralistas. Cena a base de pinchos na Churrasquería Golada.

ANO 1997
46.- O día 12 de abril de 1997, ás 9 da noite, actuación no salón de actos da Casa de Oficios de Silleda, xunto coa Coral Trasdeza de Silleda. O final cantamos xuntos “Balaio”. Cena a base de pinchos nun restaurante de Silleda.
47.- O día 31 de maio de 1997, as 9,30 h. da noite, actuación conxunta coa Coral Polifónica Trasdeza, de Silleda, na Igrexa de Agolada, patrocinada por Galicia Terra Unica e o Concello de Agolada. Estrea de A Lanzada, de E. Alvarellos. Ó final houbo cea na Churrasquería Golada.
48.- O día 1 de xuño de 1997, misa do Corpus cantada en Val e actuación ó final dentro da Semana Cultural de Val (Agolada).
49.- O día 22 de xuño de 1997, excursión a Portugal e misa cantada e pequeño concerto no Santuario de A Franqueira (A Cañiza), ó regreso visitouse Ribadavia e merendamos xunto ó rio.
50.- O día 30 de agosto de 1997, cantouse unha boda na igrexa de Borraxeiros.
51.- O día 6 de setembro de 1997, cantouse unha boda na igrexa de Filgueira (Lalín).
52.- O día 20 de setembro de 1997, cantouse a misa da festa da Saleta en Trabancas.
53.- O día 6 de decembro de 1997, cantouse a misa da boda do fillo de Ovidio Leiva en Melide.
54.- O día 13 de decembro de 1997 participouse no Festival de Villancicos de Caixavigo no Centro Cultural de Caixavigo, cenando xunto co Orfeón Xoan Montes na Pulpería Alto da Pena de Prado, Lalín.
55.- O día 20 de decembro de 1997, participouse na celebración de Santa Cecilia en Agolada, xunto coa Banda e Grupos de Gaitas e de baile.
Ano 1998
56.- O día 3 de xaneiro de 1998, Festival de Nadal en A Cañiza, xunto coas corais de A Cañiza e Covelo.
57.- O Día 4 de xaneiro de 1997, ás 6 da tarde, misa cantada e concerto na Igrexa Parroquial de Lalín.
58.- O día 4 de xaneiro de 1998, ás 8 da tarde, concerto de nadal coincidindo coa inauguración da Residencia da Terceira Idade de Agolada, actuando tamén a Banda de Agolada.
59.- O día 17 de xaneiro de 1998, concerto na igrexa parroquial de Santiso (A Coruña), xunto coa Coral de Visantoña e cena no Pazo da Pena.
60.- O día 7 de marzo de 1998 participou na grabación do programa da TVG Galicia enteira, adicado á Agolada..
61.- O día 12 de agosto de 1998 ofreceuse un concerto nos Pendellos de Agolada co gallo da Semana Cultural, ó pouco tempo de escomenza-la actuación desencadeouse unha forte tormenta. 62.- O día 31 de agosto de 1998 cantouse unha boda en Santiso, comendo a continuación no churrasco de Ponte Vilariño.
63.- O día 31 de agosto de 1998, concerto na Cañiza, subvencionado polos Circuitos Culturais da Cosellería de Cultura, éxito de crítica e público. Cena no restaurante O Pozo de A Cañiza.
64.- O día 31 de outubro de 1998 concerto conxunto coa coral de A Cañiza na Residencia da Terceira Idade de Agolada, subvencionado por FECOGA. Cena no Hostal Galicia.
65.- O día 19 de decembro de 1998 concerto de panxoliñas en Guntín (Lugo).

Ano 1999
66.- O día 5 de xaneiro de 1999 concerto de ano novo na Residencia da terceira idade de Agolada.
67.- O día 3 de abril de 1999 concerto en La Force (Francia) no marco do intercambio cultural coa Coral “Sarabande”.
68.- O día 5 de abril de 1999 concerto na sala Jacques Brel de Lalinde (Francia).
69.- O día 15 de xuño de 1999 concerto na igrexa de Val (Agolada)
70.- O día 3 de novembro concerto de Santa Cecilia na Residencia da 3ª Idade de Agolada.
71.- O día 11 de decembro de 1999 actuación no Festival de Panxoliñas de Caixavigo.

Ano 2000
72.- O día 5 de xaneiro de 2000 concerto de ano novo na Residencia da terceira idade de Agolada.
73.- O día 12 de Febreiro de 2000 misa cantada na catedral de Santiago.
74.- O día 5 de abril de 2000 concerto na igrexa de Agolada xunto coa coral Sarabande de La Force e a coral Ariana de Moulis.
75.- O día 6 de abril de 2000 misa cantada na catedral de Santiago xunto ás corais francesas.
76.- O día 18 de maio estrea da cantata “A Lanzada”, no Círculo das Artes de Lugo, xunto ó Orfeón Xoan Montes e a Orquestra Sinfónica de Xove.
77.- O día 20 de xuño de 2000, interpretación da cantata A Lanzada na igrexa parroquial de Sanxenxo.
78.- O día 20 de novembro de 2000 concerto de Santa Cecilia na Residencia da 3ª Idade de Agolada.
79.- O día 18 de decembro de 2000 concerto e misa cantada en Val (Agolada).

Ano 2001
80.- O día 5 de xaneiro de 1999 concerto de ano novo na Residencia da terceira idade de Agolada.
81.- O día 24 de febreiro de 2001 concerto na igrexa de San Giovanni de Manziana (Italia).
82.- O día 25 de febreiro de 2001 concerto na igrexa de San Pietro in Montorio de Roma.
83.- O día 27 de Febreiro de 2001 concerto na igrexa parroquial de Quadroni (Manziana (Italia).
84.- O día 4 de agosto de 2001 concerto na igrexa de Agolada xunto coa coral Quelli Delle 21.18.
85.- O día 12 de agosto de 2001 concerto no mosteiro de Carboeiro.
86.- O día 12 de outubro de 2001 concerto en Beariz (Ourense).
87.- O día 1 de decembro de 2001 concerto de Santa Cecilia en Agolñada.
88.- O día 23 de decembro de 2001 concerto na igrexa de Val.

Ano 2002
89.- O día 5 de xaneiro de 2002 concerto de Nadal en Agolada.
90.- O día 17 de maio de 2002 concerto das letras galegas
91.- O día 20 de novembro de 2002 Concerto de Santa Cecilia en Agolada.

Ano 2003
92.- O día 5 de xaneiro de 2003 concerto de Nadal en Agolada.
93.- O día 17 de maio de 2003 concerto das letras galegas
94.- O día 24 de xullo de 2003 Concerto en Ferreira de Pantón
95.- O día 20 de novembro de 2003 Concerto de Santa Cecilia en Agolada.

Ano 2004
96.- O día 5 de xaneiro de 2004 concerto de Nadal en Agolada.
97.- O día 17 de maio de 2004 concerto das letras galegas
98.- O día 24 de xullo de 2004 Concerto en Ferreira de Pantón
99.- O día 20 de novembro de 2004 Concerto de Santa Cecilia en Agolada.

Ano 2005
100.- Concerto de Aninovo (5 de xaneiro de 2005)
101.-Concerto en Moaña (17 de maio de 2005)
102.-Misa cantada e concerto na Igrexa Parroquial de Agolada (29 de xuño de 2005.
103.-Concerto de Santa Cecilia en Agolada (20 de novembro de 2005)
104.-Concerto homenaxe a Manuel Costa (Alcalde de Agolada) (25 de novembro de 2005)

Ano 2006
105.-Concerto de Aninovo (5 de xaneiro de 2006)
106.-Concerto en Monterroso (10 de marzo de 2006)
107.-Concerto Residencia Terceira Idade de Lalín (28 de marzo de 2006)
108.-Concerto Festas de San Pedro en Agolada (25 de xuño de 2006)

No hay comentarios:

Publicar un comentario