Faro de Vigo
O día 23 de abril actuamos no local social da asociación cultural Tarabela, de Lalin. Foi un acto entrañable no que se demostrou que unha coral tamen pode chegar o publico nun local adicado a cultura alternativa.
Nada mais alternativo que a música pola música.
Minto, tamen houbo uns pinchos que amablemente nos ofreceron os anfitrions da Tarabela.
O local estaba cheo e o publico entregado, que mais se pode pedir.
Interpretamos 14 pezas moi variadas que constituen o mesmo repertorio que imos interpretar en Asturias a semana proxima.
Mellor ensaio imposible.
Mellor ensaio imposible.
Sandra Nasher, a nosa directora.
Diversos momentos da actuación
Presentación da coral
Publico asistente
Publico asistente
Foi un concerto xenial de verdade, eu estiben e son membro do grupo de traballo de Tarabela e valoramos moooiii positiva a actividade, este tipo de actos nos fai medrar a todos os sentidos, xa sodes Tarabelos, e estamos pensando en propoñervos repetilo, xa falamos, un bico e avante compañeiras e compañeiros!!!
ResponderEliminarChis
Gracias, Chispon, polos teus comentarios. Estamos a vosa disposicion para repetir cando o estimedes oportuno.
ResponderEliminarPara nos foi tamen unha experiencia moi agradable e agradecemos a vosa hospitalidade e avosa acollida.
Ata a proxima.
Factor