PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

martes, 9 de marzo de 2010

BREVE HISTORIA DA CORAL





A Coral en 2009

A coral en 1993 (¡casi 80 membros!)





A Coral Polifónica de Agolada escomenza a ensaiar en outubro de 1992, baixo a dirección de Enrique Alvarellos, debutando ese mesmo ano no concerto de Nadal en Agolada, dende entón realizou unha intensa actividade con concertos ó longo de toda a xeografía galega, destacando actuacións en foros tan importantes como a catedral de Santiago, os Mosteiros de Samos, Carboeiro, Acibeiro, Os Milagros, A Franqueira, a Televisión de Lugo, etc..
Xunto con outras catro corais, formou parte do macrocoro Santa Cecilia, cun total de 200 voces, que actuou no Círculo das Artes de Lugo.Pero sin dúbida, entre os fitos máis importantes na traxectoria da Coral Polifónica de Agolada cabe destacar:
O intercambio cultural realizado nos anos 1999 e 2000 coa coral “Sarabande” de La Force (Francia), participando en varios concertos nas ciudades de La Force e Lalinde .
A estrea da cantata “A Lanzada”, de Enrique Alvarellos, acompañada polo Orfeón Xoan Montes e a Orquesta Sinfónica de Xove, que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo, en maio de 2000.
O hirmandamento có coro italiano “Quelli Delli 21,18”, de Manziana, que culminou con actuacions en marcos incomparables como a igrexa de San Pietro in Montorio, en Roma, a igrexa de San Giovanni Bautista de Manziana, etc.
Así mesmo, no ano 2008 realizou outro intercambio coral co coro italiano La Settima Nota, actuando de novo en diversas cidades italianas.
Nese mesmo ano foi seleccionada para participar no certame “En clave coral” xunto con outras 24 corais de toda Galicia.
No período 2005-2008 estivo dirixida por Pablo Pérez Varela.
Dende finais do ano 2008 a coral está a cargo da directora cubana Sandra Nasher Hernández.

No hay comentarios:

Publicar un comentario