Publicidade
Coral polifónica de Agolada
En 1992 a sociedade agolense asisten a todo un fito no municipio, o debut da Coral Polifónica de Agolada durante o concerto de Nadal cando, a penas dous meses antes, en outubro, iniciara a súa andadura da man de Ángel Iglesias -cura de Val de Sangorza-, e baixo a batuta de Enrique Alvarellos, o seu primeiro director. O seu nacemento, como unha interesante actividade cultural e social, pronto se converteu en todo un referente musical que levou aos seus integrantes a percorrer toda a xeografía galega coas súas actuacións. Un obxectivo que se mantivo permanente coas distintas etapas que viviu a coral, dende o cambio de batuta á Pablo Pérez Varela en 2005 e, mesmo coa nova directora Sandra Nasher Hernández, que dende 2008 se atopa ao fronte da formación.
A coral recibiu un curso de técnica vocal de mans da soprano Indra Sesti di Lucca
Intensos ensaios de catro horas semanais permiten formar e
perfeccionar as calidades vocais dos seus 35 compoñentes, 20 mulleres e
15 homes, e adecuar as súas variacións ao contar membros de idades tan
dispares que abarcan dende os 13 e 80 anos. Pois, como indican dende a
propia agrupación, precísase dun mínimo oído musical para integrar unha
coral, aínda que a formación sempre facilita moito máis a montaxe das
pezas. É por iso, que chegaron a contar coa soprano, cantante de ópera
profesional, Indra Sesti di Lucca, quen impartiu un curso de técnica
vocal no 2010.Traxectoria internacional
Dende os seus inicios, a coral tivo clara a súa vocación e, da man de Enrique Alvarellos, divulgaron as súas dotes musicais por todo o territorio español, chegando incluso a traspasar fronteiras con actuacións en Portugal, Italia ou Francia e, por tanto, traendo ata o municipio agolense as músicas destas terras durante os encontros. Estes intercambios culturais comezaron no ano 1999, en La Force (Francia), ao que seguiu a participación no Círculo das Artes de Lugo no 2000 coa estrea da cantata “A Lanzada” de Enrique Alvarellos, acompañada polo Orfeón Xoán Montes e a Orquestra Sinfónica de Xove.
Realizaron irmandamentos con Portugal, Francia e Italia
Os axigantados pasos desta formación continuaron co irmandamento, en
2001, co coro italiano “Quelli Delli 21.18”, da cidade de Manziana
(Italia) onde a coral agolense contou co honor de actuar en lugares tan
incomparables como a igrexa de San Pietro en Montorio ou a igrexa de San
Giovanni Bautista de Manziana. A boa experiencia italiana levou á
agrupación galega á participar novamente nun intercambio, no ano 2008,
neste caso co coro italiano “La Settima Nota”. Neste mesmo ano, a Coral
Polifónica de Agolada resulta seleccionada, xunto a outras 24 formacións
galegas para participar no certame “En clave coral” organizado por
Fecoga (Federación Coral Galega). Esta serie de colaboracións dan mostra
do compañeirismo e respecto cara ao traballo das distintas formacións
corais, pois como aseguran dende a agrupación agolense, todos necesitan
dos demais para chegar a organizar encontros e concertos.
XX aniversario
Actualmente, a Coral Polifónica de Agolada atópase vivindo o seu vixésimo aniversario que celebrou durante o Nadal cun concerto homenaxe no que tamén participaron diversas agrupacións musicais da bisbarra, como a Banda Municipal de Agolada, o Grupo Bico da Balouta, A Banda de Antón e un cuarteto de corda. Coincidindo con esta significativa data, a formación gravou o seu primeiro CD coa Radio Galega.
Durante esta ampla traxectoria musical o seu repertorio e o número de integrantes variou considerablemente pero o que nunca cambiou foi a súa teima por ofrecer actuacións de calidade para o seu público. É por iso, que unha das pezas máis recorrentes no seu repertorio sempre é “Negro bembón”, pois cada vez que se interpreta convértese en todo un éxito. Aínda que aseguran que, entre as obras que máis se resisten pola súa dificultade está “En busca de un sueño” de Silvio Rodríguez. Un traballo impecable que fixa como meta continuar a “ofrecer música con certa dignidade e gozar facéndoa”.
MotivaciónActualmente, a Coral Polifónica de Agolada atópase vivindo o seu vixésimo aniversario que celebrou durante o Nadal cun concerto homenaxe no que tamén participaron diversas agrupacións musicais da bisbarra, como a Banda Municipal de Agolada, o Grupo Bico da Balouta, A Banda de Antón e un cuarteto de corda. Coincidindo con esta significativa data, a formación gravou o seu primeiro CD coa Radio Galega.
Durante esta ampla traxectoria musical o seu repertorio e o número de integrantes variou considerablemente pero o que nunca cambiou foi a súa teima por ofrecer actuacións de calidade para o seu público. É por iso, que unha das pezas máis recorrentes no seu repertorio sempre é “Negro bembón”, pois cada vez que se interpreta convértese en todo un éxito. Aínda que aseguran que, entre as obras que máis se resisten pola súa dificultade está “En busca de un sueño” de Silvio Rodríguez. Un traballo impecable que fixa como meta continuar a “ofrecer música con certa dignidade e gozar facéndoa”.
A afección á musica e a todo a interacción social que xeran as actividades da coral son os grandes alicientes que motivan aos integrantes e que converten á formación nunha auténtica familia. Trátase obviamente dunha vocación que, se non conta con suficiente interese, sería complicado soportar os longos ensaios e as xornadas de duro traballo. Hai que motivar aos coralistas en todo momento, con viaxes, proxectos, concertos…
Manter viva unha agrupación vocal deste tipo supón esforzo, compromiso e, especialmente, colaboración. Un aspecto no que inciden claramente as axudas das administracións que, no caso da coral agolense, o financiamento reside nas subvencións do Concello de Agolda -ademais da cesión do salón da Residencia da Terceira Idade para ensaios-, as aportacións da Deputación, axudas de Fecoga, as cotas dos socios e todas aquelas iniciativas sociais e comerciais que permitan incrementar o seu presuposto.
Garantir o futuro da coral non é doado pero un punto destacado é fomentar nos máis novos o interese por formar parte da formación, para o que tratan de incluír no repertorio música máis contemporánea que poida atraer á xuventude.
Claves do éxito
Aínda que o último trimestre do ano é o momento no que rexistran un maior volume de traballo con Santa Cecilia ou Nadal, ao longo de todo o ano sucédense intercambios, concertos benéficos, vodas, misas… e certames. É nestes últimos onde as actuacións, en ocasións, se converten en nervios e tensión pero, para acadar o éxito, ademais dun vestiario que aporte imaxe á formación, no momento no que soa a música é a afinación e a sincronización das voces o que pasa a un primeiro plano; especialmente cando se conta cun repertorio orixinal, ben elixido e de gusto musical.
Enrique Alvarellos
Enrique Alvarellos, nado en Soutolongo (Lalín) é coñecido como “mestre Alvarellos” converteuse no primeiro director da Coral Polifónica de Agolada no ano 1999. Polifacético e de gran personalidade, compatibilizou a dirección da agrupación agolense coa Coral Ecos de Ulla de Monterros, a Coral do Hospital de Calde, a Coral da Policía Municipal de Lugo e a formación do Orfeón Xoán Montes.
Esta labor musical estivo marcada, ademais, coa composición de innumerables pezas para bandas e corais. Destacou tamén na literatura, converténdose en autor de diversas obras e mesmo creando unha editorial propia. A toda esta intensa actividade sumábase unha academia en Lugo na que formou a milleiros de estudantes.

Pablo Pérez Varela
Pablo Pérez Varela nace en 1974 en Vigo. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, a súa vocación coral chega en 1994, acompañando a diversas corais polifónicas ata que, en 1997 funda a coral “Val do Fragoso” de Vigo. Pertence dende o 1999 ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
En 2005 comeza a dirixir a Coral Polifónica de Agolada, dirixindo tamén outras formacións vocais como “Ecos do Ulla” de Monterroso, participa na dirección do grupo “Opus8” e no coro infantil “Parsifal” de Monterroso. Dende 2009 dirixe a coral “Alborada” de Cabral (Vigo) e participa no “Coro-Orquesta Vigo 430”. Foi galardoado como Director de Honra da Coral Polifónica de Agolada.

Sandra Yanarys Nasher Hernández
Nada en Santa Clara (Cuba) en 1980. Dende nova participa como solista en agrupacións vocais infantís gañando diversos premios, o que a leva a comezar estudos de piano mentres compaxina esta formación coa participación en coros da escola de arte “Ernesto Lecuona”. Continúa coa especialidade de piano no “Centro de Superación para la Cultura Ángel González Borrel” de Santa Clara. Comeza a estudar a Licenciatura en Educación Musical no Instituto Superior Pedagóxico “Félix Varela” exercendo ademais como docente nas escolas secundarias. Funda e dirixe o sexteto vocal “Dicción”. Traballa en diversos centros de ensinanza artística como a Escuela Provincial de Instructores de Arte (EIA) Manuel Ascunce Domenech, Escuela Vocacional de Arte (EVA) “Olga Alonso”, Centro de Superación para la Cultura Ángel González Borrell” e Instituto Superior Pedagógico “Félix Varela”. Formou parte do coro da Catedral de Santa Clara e tamén do Coro de Cámara “Audius” da provincia de Villa Clara.
En 2005 trasládase a España para comezar a traballar na Asociación Musical Hispano Latinoamericana na cidade da Coruña, para posteriormente formar parte da empresa Lirama Conciertos onde exerceu de profesora. Dende 2008 comeza a dirixir a Coral Polifónica de Agolada, labor que compaxina coa batuta da Coral “Ecos do Ulla” de Monterroso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario