PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

martes, 14 de octubre de 2014

XIV CERTAME DE CORAIS E RONDALLAS SANTIAGO APOSTOL DE OURENSE

A coral agolense suma premios e prepara novas actuacións

A Polifónica de Agolada acadou o primeiro posto no Concurso de Corais e Rondallas Santiago Apóstol de Ourense

0 votos
A Coral Polifónica de Agolada, en Ourense, no Concurso de Corais e Rondallas SANTI M. AMIL
A Coral Polifónica de Agolada voltou do décimo cuarto Concurso de Corais e Rondallas Santiago Apóstol, que organiza a Rondalla Alecrín de Ourense, cun meritorio primeiro premio para satisfación de cantores e do propio director Alejandro Piñeiro. «Os premios e os recoñecementos sempre son benvidos. Lémbrome que estabamos en Erbo, onde ibamos a participar nun certame no que quedamos por certo de terceiros, e nos chamaron para ir a este concurso. Había boas sensacións e o resultado foi bo», comenta Alejando que cumprirá o vindeiro 20 de decembro un ano como director da masa coral. Case un ano de andaina que define como excepcional. «Son músico. Viaxei e toquei coa Banda de Lalín en sitios impresionantes que me deixaron os pelos coma escarpias e con desexos de chorar e aquí, coa coral, pásame o mesmo. Foi un flechazo. É un ambiente familiar, de achegamento e ver o compromiso da xente coa coral que o deixa todo para ensaiar, sunha enorme ilusión, iso é un premio de verdade. Podo decir que medrei grzas a esta experiencia », sentencia.
Un premio máis nas vitrinas da formación dezá á espera de acudir a novas citas. A vindeira que figura marcada xa no calendario será o próximo 25 de outubro en que a coral participará nun concerto no Círculo das Artes en Lugo xunto ao Orfeón Xoán Montes e unha coral de Valladolid. A xuizo do director lalinense será unha cita para «dar o mellor de nós. É un concerto importante onde estaremos co Xoán Montes, que tamén participou no concurso de Ourense». Posteriormente a coral comezará a preparar os distintos concertos que ofrecerá por mor das datas de Nadal. «Son citas xa habituais. O 15 de novembro teremos o Concerto de Santa Cecilia en Agolada xunto coas outras formacións da vila. Estará a banda, os gaiteiros... A intención é facer algunha peza en colaboración coa banda de música. Tamén teremos o Concerto de Reis na vila. Será o 5 de xaneiro e no medio, para o 26 de decembro, temos outra actuación prevista no Centro Comercial Pontiñas en Lalín».
A Coral Polifónica de Agolada mantén tamén a súa intencionalidade de ofrecer algún concerto fóra da comunidade, como xa fixo en varias ocasións. «Temos pendente unha visita a San Martín de Trevejo, en Extremadura, que é un pobo que mantén a Fala. Non hai data pechada pero non desistimos en desprazarnos alí para ofrecer algún concerto; e no medio de todo isto, abertos a outros convites».

No hay comentarios:

Publicar un comentario