Iniciamos unha nova etapa e ainda que como é lóxico teremos un tempo de adaptación, estamos seguros de que cando menos imos manter a calidade acadada cos nosos anteriores directores. Benvido Alejandro.
Alejandro
Piñeiro Rodríguez
Nado
en Lalín, comeza a súa formación musical no Conservatorio Profesional de Grao
Medio desta vila estudiando clarinete, instrumento do cal obtén o Título de
Profesor. Diplómase, asimesmo, en Maxisterio na especialidade de Educación
Musical.
Desde
os seus inicios desenvolve unha intensa labor como instrumentista en
agrupacións de estilos moi variados como a Banda de Lalín, Hadhietxekos ou
Hurdes Folk. Esta vagaxe permitiulle compartir escenario con directores e
solistas de gran prestixio a nivel internacional como Jörgen van Rijen, Johan
de Meij, Perry Hoogendijk, Ana Laíns ou David Childs.
No
eido da música coral, asisitiu a cursos de formación vocal e dirección con
mestres da talla de Julio Domínguez, Miro Moreira, Esperanza Mara ou Carlos
Silva. Actualmente é director da Coral Polifónica de Agolada e da Coral
Infantil de Lalín.
Paralelamente
desempeña unha participación moi activa en diversas asociacións culturais de
carácter musical e fotográfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario