PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

jueves, 6 de enero de 2011

CONCERTO DE REIS EN AGOLADA


Iniciamos o novo ano coa esperanza de que sexa mellor que o pasado e que as cousas da economía vaian mellorando.

Nada mellor para cargarnos de enerxía positiva para o 2011 que empezar o ano cantando rodeados de amigos como os da Banda de Agolada e o numeroso público que como sempre nos acompañou a pesar do mal tempo na pasada noite de Reis.
Gracias a todos e feliz ano.

martes, 21 de diciembre de 2010

CONCERTO CO CORO A LARANXA, DE VIGO

O pasado día 11 de decembro disfrutamos da presenza en Agolada do coro de cámara A Laranxa, de Vigo.
Grazas ás xestións de Almudena Vidal, que forma parte do devandito coro, fumos quen de traelos a Agolada e organizar un concerto coa participación das dúas agrupacións.
Resultou unha velada moi animada con gran participación de público que encheu o salón de actos da Residencia da Terceira Idade e na que o coro A Laranxa amosou o seu saber facer e demostrou unha vez máis que para ser un gran coro no fai falta ser un coro grande.
O remate do concerto compartimos uns pinchos e pasámolo moi ben.
Grazas ó coro A Laranxa e ata unha próxima ocasión que procuraremos que sexa pronto.
Unha vez máis vou a piratear as fotos do evento que sacou o noso amigo Angel Utrera, presidente da Banda de Agolada, fiel seguidor en todas as nosas actuacións. O noso agradecemento pola súa asistencia e espero que me perdone polas fotos.





Actuación de A Laranxa





Actuación da Coral de Agolada







Savia nova do coro de Agolada









Público asistente

domingo, 21 de noviembre de 2010

SANTA CECILIA 2010

O sábado día 20 de novembro tivo lugar en Agolada o tradicional concerto de Santa Cecilia, no que participan tódalas formacións musicais do concello, Banda, gaiteiros "Bico da Balouta" e Coral.
Un ano máis foi un éxito de público que encheu o salón da Residencia da Terceira Idade e púxose en evidencia unha vez máis a urxencia do ansiado auditorio. Esperamos que o ano que ven podamos inauguralo.



Os gaiteiros de Bico da Balouta demostraron de novo o seu bon facer.
Espero que non lle pareza mal a Angel Utrera (presidente da banda) que lle roubara algunha foto do seu blog para completar esta reportaxe. Grazas, Angel.








A destacar, a impecable interpretación do solista Javier González Borrajo do concerto para trompa, de Franz Strauss.








Unha das sorpresas deste ano foi tamén a interpretación conxunta entre a Banda e a Coral do "Coro de repatriados" da zarzuela "Gigantes y cabezudos"que se pode ver en video máis abaixo.




Temos que agradecer a tódolos compoñentes da banda e moi especialmente a Nilo, o seu director, a súa paciencia nos ensaios.
Esperamos que nun futuro próximo podamos levar adiante novos proxectos conxuntos.

domingo, 24 de octubre de 2010

25º ANIVERSARIO DA CORAL "ECOS DO ULLA" DE MONTERROSO

A nosa máis sincera e calurosa noraboa para a coral "Ecos do Ulla" de Monterroso que acaba de celebrar o 25º aniversario da súa fundación.
Celebrárono cun emotivo concerto o día 23 de outubro na igrexa parroquial de Monterroso no que tivemos a honra de participar.
O templo estaba a rebosar de público e trala misa celebrada en memoria dos membros falecidos, tivo lugar o concerto que comenzou coa actuación da nosa coral, seguida da actuación da coral organizadora.
Para rematar o acto ambalas duas corais interpretaron diversos temas conxuntamente dirixidos polos dous directores que compartiron nos últimos anos, Pablo Pérez Varela e Sandra Nasher.
Despois do concerto disfrutamos da súa hospitalidade cunha cena nun restaurante da localidade.
Hai 17 anos que a coral de Monterroso apadriñounos no noso debut e foi para nos un placer acompañalos nesta ocasión tan especial, desexámoslles que continuen moitos anos máis.






Un momento da actuación da Coral de Agolada










O Presidente de FECOGA, D. Antonio Rey dirixindo unhas palabras ó final do acto.


viernes, 1 de octubre de 2010

CONCERTO NA IGREXA DE BRUÉS (BOBORÁS)

Invitados polo Coro de Cámara Música Viva, organizador do acto, o día 25 de setembro actuamos na igrexa de Brués (Boborás), xunto co coro anfitrión e a coral de Ribadavia.

A igrexa, cunha magnífica acústica, resaltou a calidade das corais participantes.

Noraboa ó coro Música Viva que demostrou que non fai falta ser moitos para ser un gran coro e á Coral de Ribadavia pola súa profesionalidade.

Despois do concerto disfrutamos dunha velada moi agradable na cea que nos ofreceron.

Grazas por todo.









Antonio Rey, presidente do Coro Música Viva e de FECOGA, presentando o acto.












Coro de Cámara Música Viva, coro irmán co que compartimos directora e algún cantor e cantora.













Coral de Agolada na igrexa de Brués, despois do concerto
Momento da cena celebrada en Carballiño

CONCERTO EN SANTISO (A CORUÑA)

O sábado día 24 actuamos xunto coas corais de Santiso e Melide na localidade coruñesa pero veciña de Santiso.
O concerto tivo lugar na igrexa de Ponte Arcediago e resultou moi animado.
Grazas á coral de Santiso pola súa amable invitación por segundo ano consecutivo.
Sinto non ter fotos.

MISA CANTADA NA FESTA DA SALETA DE TRABANCAS (AGOLADA)


Procesión da festa da Saleta, despois da misa cantada pola Coral
O día 19 de setembro fomos invitados a cantar a misa solemne na festa da Virxe da Saleta, na parroquia agolense de Trabancas.

Unha festa co todo o sabor das romarías tradicionais con procesión, comida campestre, etc.