PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

miércoles, 21 de julio de 2010

CONCERTO EN SALCEDA DE CASELAS



O día 15 de xullo actuamos en Salceda de Caselas invitados pola Coral Entenza.



O concerto foi no magnífico auditorio da localidade e participaron tamén a Coral Entenza, a Coral Santa María de Salceda e a Coral Bella Helenes de Pontevedra.



As nosas felicitacións á Coral Entenza e agradecemos todas as súas atencións e os agarimosos comentarios que nos adicaron no seu blog:
"En segundo lugar participó la Coral Polifónica de Agolada que demostró que cantar bien no es una cuestión de cantidad. Su actuación y buen hacer nos ha dejado muy buen sabor de boca".







Presentación da Coral de Agolada









Momento da actuación






martes, 20 de julio de 2010

DOBLETE TARABELA / A RUA

O sábado 17 de xullo collimos vacacións ata setembro, pero non sen levar un bo tute para despedir a temporada.
Fixemos un doblete actuando pola mañá na Tarabela de Lalín e pola tarde na Rúa (Ourense)

FESTA DO VENTO NA TARABELA





Para celebrar o seu primeiro ano de funcionamento A Tarabela organizou a Festa do Vento.
A nosa noraboa pola súa frenética actividade cultural durante estes meses. E por contar conosco para esta festa.








Desfile de cabezudos diante da Tarabela.











A coral no local da Tarabela














Foi unha festa moi animada como podedes comprobar polas fotos. Despois invitaronnos a comer unha fabulosa paella campestre.









CONCERTO NA RÚA (OURENSE)



No Teatro Avenida da Rúa trala actuación












Xunto á coral da Rúa e o Coro de Cámara Música Viva cenamos nun restaurante da localidade.


Grazas ós membros da Coral da Rúa pola súa hospitalidade.













Momento de troula despois da cea. A Wences medroulle o pelo....

domingo, 30 de mayo de 2010

ENCONTRO DE CORAIS 2010






O sábado 29 de maio tivo lugar en Agolada un encontro de corais no que participaron:

Coral Polifónica de Berres (A Estrada)
Coral Polifónica de Santiso
Coral Polifónica de Agolada.
O concerto celebrouse na Igrexa de Agolada e ó remate houbo uns pinchos para os participantes.




Grazas ás corais participantes que amosaron o seu alto nivel resultou un acto moi interesante.
Para rematar o concerto as tres corais interpretaron unha peza conxuntamente.






domingo, 2 de mayo de 2010

MINIXIRA POR ASTURIAS

Acabamos de chegar dun fin de semana intenso pero moi gratificante polas experiencias vividas na nosa viaxe por terras astures. Todo salíu segundo os planes previstos e tanto no plano artístico como humano creo que podemos estar satisfeitos.










De camiño hacia Asturias, a nosa directora Sandra, na praia das catedrais












Aproveitando a acústica das covas da praia das catedrais









DÍA 1 DE MAIO, CONCERTO EN PRAVIA:
O sábado día 1 actuamos en Pravia nun concerto exclusivamente da nosa coral cun repertorio de catorce pezas, o que supuxo un importante reto, pero que creo que superamos razoablemente.
Agradecemos á Coral Santiago López de Pravia a súa invitación e a súa calurosa acollida no concerto e na cea posterior.
Resaltar o estupendo hotel Casona del Busto http://www.casonadelbusto.es/, onde nos hospedamos e que ten todo o sabor das antiguas casas nobles asturianas e todas as comodidades dos modernos hoteis.




Concerto na Casa da Cultuta de Pravia (Asturias)







ASISTE A PARTE DA NOSA ACTUACIÓN:

NEGRO BEMBÓN: http://www.youtube.com/watch?v=noK9XQmKbG0
LAS CUATRO PALOMAS: http://www.youtube.com/watch?v=6TyhFmsMBcI
EN BUSCA DE UN SUEÑO: http://www.youtube.com/watch?v=YvcHhPXWmis









A concelleira de Cultura fainos entrega dun agasallo











Cea cos nosos amigos asturianos















De troula por Pravia








DÍA 2 DE MAIO, CONCERTO EN GIJÓN:
Tralo magnífico almorzo na Casona del Busto, partimos cara a Gijón e cantamos a misa con concerto ó final na Residencoa da Terceira Idade da Virxe dos Desamparados.
O noso agradecemento ás responsables do centro, monxas galegas por certo, pola súa hospitalidade e pola labor inestimable que realizan.





Na igrexa da Residencia das Hemanitas de los Desamparados de Gijón

De volta pra casa facendo turismo en Avilés

sábado, 24 de abril de 2010

A CORAL NA TARABELA (LALIN)






Faro de Vigo





O día 23 de abril actuamos no local social da asociación cultural Tarabela, de Lalin. Foi un acto entrañable no que se demostrou que unha coral tamen pode chegar o publico nun local adicado a cultura alternativa.
Nada mais alternativo que a música pola música.
Minto, tamen houbo uns pinchos que amablemente nos ofreceron os anfitrions da Tarabela.

O local estaba cheo e o publico entregado, que mais se pode pedir.
Interpretamos 14 pezas moi variadas que constituen o mesmo repertorio que imos interpretar en Asturias a semana proxima.
Mellor ensaio imposible.







Sandra Nasher, a nosa directora.









Diversos momentos da actuación












Presentación da coral











Publico asistente











Publico asistente








miércoles, 31 de marzo de 2010

LEMBRANZA DUN EX-DIRECTOR (PABLO PEREZ VARELA)


Entre os anos 2005 e 2008, Pablo veu encher o grande vacio que deixara Enrique Alvarellos. Era unha tarefa nada facil, pero pouco a pouco Pablo, coa sua afable personalidade e os seus coñecementos de musica coral, logrou sacar o mellor de todos nos.
Cando nos comunicou a sua marcha por motivos persoais sentimolo de verdade. Nunca o esqueceremos como director e como persoa.

CURRICULUM VITAE
Pablo Pérez Varela (Vigo, 1974) comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Enrique Goberna, onde obtén o título de Profesor de Piano coas máis altas calificacións. Recibe clases ademáis de So Young Moon e Martín Millán entre outros...
Asimesmo acude a cursos e clases maxistrais con Lilí Ranki, Vladimira Smausova, Arpad Bodó, Lidia Stratolat, Irina Zariztkaia, Peter Bitell, Boris Berman, etc...
Dende ben novo ofrece numerosos concertos didácticos por puntos de toda Galicia e foi gañador e finalista de concursos como o “Novos Intérpretes” de Vigo, “Royale” en Vigo, Santiago e Madrid, ou o “Certamen Internacional de Piano” celebrado en Marín (Pontevedra). Tamén representa á Cidade de Vigo nunha serie de concertos celebrados en Lorient, Francia.
Comeza a súa andadura coa música coral a partires do ano 1994 acompañando ó piano a diversas corais polifónicas ata que en 1997 funda e dirixe a coral polifónica “Val do Fragoso” de Vigo, o seu primeiro coro.
Ten como maestro de dirección coral a Joan Company co que comparte experiencias como membro do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, ó que pertence dende o ano 1999 e no que recibe clases regulares de canto.
Ata o curso 2007-2008 foi profesor de Piano, Linguaxe Musical, Música de Cámara e Harmonía na Academia de Música e Danza Parsifal de Monterroso (Lugo), e dende o ano 2005, foi director da Coral Polifónica de Agolada.
Como director séntese especialmente orgulloso de que se valorase o traballo co coro de Agolada sendo seleccionado no Certame “En Clave Coral” de 2007 entre máis de 250 masas corais galegas e coa preparación dun denso e variado repertorio.
Dirixíu tamén diversos coros como a coral polifónica “Ecos do Ulla” de Monterroso (Lugo) coa que presentou en estreo absoluto a obra “Castelao” composta por Mónica Rodriguez Ces na reunión anual da Real Academia Galega celebrada en Monterroso co gallo do ano de Lorenzo Varela (2005).
Participa ademáis na dirección do grupo vocal Opus8 e no coro de nenos “Parsifal” de Monterroso (Lugo).
Actualmente, e dende setembro de 2009, dirixe a coral “Alborada” de Cabral (Vigo) e participa no proxecto “Coro - Orquesta Vigo 430”.
Así e todo, a presentación como músico (que non maestro) de Pablo Pérez sempre será a de Director de Honra da Coral Polifónica de Agolada, galardón outorgado e ben enmarcado nunha preciosa cea de despedida e que reza así: “En recoñecemento á sua inestimable labor nesta coral, logrando coa súa depurada técnica e ó seu bó talante que, sen aparente esforzo, alcanzaramos o máis alto nivel que permitían as nosas posibilidades. Tamén pola súa aportación ó enriquecemento do léxico coral coa creación de novas expresións coma sopris, contris, tenorios ou mirade para ó gordo que seguramente votaremos en falta.”
Só por este simpático (por non dicir cachondo) xesto, Agolada estará sempre no seu corazón.

martes, 16 de marzo de 2010

CONTACTA CON NÓS

e-mail: coralagolada@gmail.com

Teléfono móvil: 619 04 23 89