PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

sábado, 11 de octubre de 2014

XIV CERTAME DE CORAIS SANTIAGO APOSTOL ORGANIZADO POLA RONDALLA ALECRIN DE OURENSE



Moi contentos co 1º premio acadado pola nosa coral no certame organizado pola Rondalla Alecrín de Ourense, nun marco incomparable como o Auditorio Municipal de Ourense e acompañados por outras corais de prestixio.
Parabéns a todos os compoñentes da Coral de Agolada e moi especialmente ao noso director Alejandro Piñeiro.

domingo, 29 de junio de 2014

CONCERTO FESTAS DE SAN PEDRO EN AGOLADA


Un placer compartir concerto con duas magníficas corais: 
Coral Aires de Carral e Coro Entenza de Salceda de Caselas.








domingo, 27 de abril de 2014

II CERTAME DE CORAIS VILA DE ARBO

Vimos de participar no II Certame de corais Vila de Arbo que tivo lugar o día 26 de abril.
O terceiro premio acadado neste certame énchenos de satisfación á vista da calidade das sete corais participantes.
A nosa noraboa especialmente ao coro de cámara Gli apassionatti de Vigo, xusto gañador da edición deste ano e tamén ao resto das corais participantes.
Noraboa tamén aos organizadores, concello de Arbo e coral polifónica de Arbo pola perfecta organización.
Foi un pracer pasar o día por esas terras da lamprea.


 Visita turística a Melgaço (Portugal)


Celebrando o premio

viernes, 11 de abril de 2014

A CORAL DE AGOLADA NA VOZ DE GALICIA

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/04/11/despois-moito-ensaio-venen-certames-saidas/0003_201404D11C119969.htm

«Despois de moito ensaio veñen certames e saídas»

Alejandro Piñeiro, director da Coral Polifónica de Agolada. A formación competirá en Arbo o 26, actuará en Carral e Vila de Cruces e ten previsto viaxar a Extremadura

1 votos
Trala marcha da cubana Sandra Nasher, dende o pasado mes de decembro, o músico lalinense Alejandro Piñeiro dirixe a Coral Polifónica de Agolada que afronta nos vindeiros meses unha morea de compromisos espallados pola xeografía galega e mesmo fóra da autonomía.
-¿Satisfeito da evolución da formación?
-A miña primeira toma de contacto coa coral foi o pasado 20 de decembro, e foi positiva, polo que se oficializou a miña pertenza á formación o 5 de xaneiro co Concerto de Reis. Realmente o meu primeiro gran reto como director da coral agolense será o Certame de Corais Vila de Arbo, que se celebrará o vindeiro día 26. A realidade é que despois de moito ensaio veñen agora certames, concertos e saídas.
-¿Á procura dun premio no certame de Arbo?
-Participar é xa un premio, como lles digo aos coralistas. É a segunda edición deste certame pero o nivel que hai é moi importante e estamos preparando as obras que imos a cantar. A obrigatoria, «Negra Sombra» de Xoán Montes, cantámola por primeira vez o pasado sábado en Lalín na xuntanza de corais e é unha obra complicada. Como presentación levaremos «La reina del placer» de Xavier Montsaltvage, a de libre elección será «En busca de un sueño» de Silvio Rodríguez e hai que interpretar un tema en galego que nós apostamos por «Soidades», de Francisco Rey.
-No mes de maio irán a Carral e, en xuño, actuacións en Vila de Cruces e Agolada...
-O concerto de corais en Carral está fixado para o 24 de maio e penso que logo os de Carral virán a cantar a Agolada, estaremos en Vila de Cruces actuando no auditorio o 14 de xuño e o 28 dese mesmo mes será o concerto de corais en Agolada. No medio non sei se xurdirán outras actuacións e o que estamos a preparar un desprazamento a Extremadura.
-¿A data está pechada?
-Probablemente será en outono. A viaxe será á localidade de San Martín de Trevejo, vila que xunto coas veciñas de Valverde del Fresno e Eljas, manteñen «A Fala» que foi recoñecida pola Unión Europea e a Junta de Extremadura. Estou moi ilusionado con ese desprazamento xa que estiven traballando alí ao longo de oito anos. O certo é que me fai moita ilusión.
alejandro piñeiro director da coral polifónica de agolada

domingo, 16 de marzo de 2014

ALEJANDRO PIÑEIRO NOVO DIRECTOR

Trala marcha por motivos persoais da nosa directora Sandra Nasher, faise cargo da dirección da coral un home traballador e con moitas ganas, se trata de Alejandro Piñeiro.
Iniciamos unha nova etapa e ainda que como é lóxico teremos un tempo de adaptación, estamos seguros de que cando menos imos manter a calidade acadada cos nosos anteriores directores. Benvido Alejandro.

Alejandro Piñeiro Rodríguez
Nado en Lalín, comeza a súa formación musical no Conservatorio Profesional de Grao Medio desta vila estudiando clarinete, instrumento do cal obtén o Título de Profesor. Diplómase, asimesmo, en Maxisterio na especialidade de Educación Musical.
Desde os seus inicios desenvolve unha intensa labor como instrumentista en agrupacións de estilos moi variados como a Banda de Lalín, Hadhietxekos ou Hurdes Folk. Esta vagaxe permitiulle compartir escenario con directores e solistas de gran prestixio a nivel internacional como Jörgen van Rijen, Johan de Meij, Perry Hoogendijk, Ana Laíns ou David Childs.
No eido da música coral, asisitiu a cursos de formación vocal e dirección con mestres da talla de Julio Domínguez, Miro Moreira, Esperanza Mara ou Carlos Silva. Actualmente é director da Coral Polifónica de Agolada e da Coral Infantil de Lalín.

Paralelamente desempeña unha participación moi activa en diversas asociacións culturais de carácter musical e fotográfico.