PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

jueves, 24 de noviembre de 2011

SANTA CECILIA (AGOLADA) 19-11-11

O día 19 de novembro celebramos en Agolada o tradicional concerto de Santa Cecilia onde participou a Coral, a Banda de Agolada e o grupo Bico da Balouta.
Como sempre foi un éxito de público, a xente de Agolada nunca falla.
Este ano a novidade foi a interpretación conxunta de varias pezas entre a coral e o grupo Bico da Balouta. Penso que foi unha sorpresa ben acollida polo público e que intentaremos repetir nalgunha outra ocasión.
En canto á actuación da Banda, dicir que volveu a sorprender a súa calidade. É un orgullo para Agolada ter unha Banda desa categoría. Desexámoslle un grande éxito no certame no que participan o vindeiro sábado.
Grazas unha vez máis a Angel Utrera polas fotos.




Bico da Balouta







actuación conxunta da coral e Bico da Balouta







Banda de Agolada

jueves, 27 de octubre de 2011

CERTAME DE CANTO DE TABERNA "BAR SUSO" (LALIN)










O pasado venres 21 de outubro actuamos no Certame de canto de taberna, unha iniciativa moi orixinal do Bar Suso de Lalín, que está a ter un éxito importante de público.
Como é lóxico, adaptamos o repertorio para a ocasión e penso que botamos abaixo a opinión dalgúns que pensaban que a coral non pegaba nin con cola neste certame.
En todo momento nos sentimos arropados polo numeroso público, ainda que hai que dicir que moitos eran amigos...
Grazas ó Bar Suso pola invitación e polos pinchos posteriores.

martes, 4 de octubre de 2011

CONCERTO NO CASINO DE FERROL (1-10-2011)

O pasado día 1 de outubro participamos nun concerto no fastuoso marco do Casino de Ferrol, acompañados polo Coro de Cámara Música Viva e a Coral do Casino de Ferrol.
Foi unha ledicia disfrutar da calidade de todolos coros participantes, incluidos nos....
A destacar, a interpretación conxunta da habanera "A tu lado" entre a nosa coral e o coro Música Viva que se complementaron perfectamente. Esperamos repetir a experiencia en sucesivas ocasións.
En canto teña fotos as colgarei.

CONCERTO EN SANTISO (A CORUÑA) 17-09-2011

Por terceiro ano consecutivo os nosos amigos da coral de Santiso convidaronnos a participar nun concerto organizado por eles e subvencionado por FECOGA que tivo lugar o 17 de setembro.
Un ano máis, foi un pracer compartir con eles o concerto e os pinchos posteriores.

martes, 28 de junio de 2011

CONCERTO FESTAS DE SAN PEDRO

O día 25 de xuño, na igrexa parroquial de Agolada, tivo lugar o concerto organizado como preludio das festas de San Pedro.
A coral convidada foi a Coral "Santiago López", de Pravia (Asturias), coa que tiñamos unha deuda dende o ano pasado, no que actuamos nesa fermosa vila asturiana.
Como esperabamos, a coral de Pravia demostrou a súa grande calidade e sorprendeu cun amplo e coidado repertorio.
Despois, como non podía ser doutra forma, compartimos unha animada cea na que, por suposto, seguimos cantando.
Gustaríame destacar a estrea pola nosa parte da obra "A tu lado", que supuxo un esforzo importante dada a súa complexidade e que, para ser a primeira vez, saliu razonablemente ben. Pulirémola no futuro.
Grazas a Sandra, a nosa directora, polo seu traballo e a súa paciencia.





Coral Santiago López, de Pravia










Coral Polifónica de Agolada

viernes, 10 de junio de 2011

CONCERTOS DE PRIMAVERA (SILLEDA)

O sábado día 4 de maio, acudimos a Silleda, invitados pola Coral Trasdeza, que celebraba os seus tradicionais concertos de primavera.
Actuaron tamén a Coral de Tomiño, a Coral de Vilanova da Cerveira (Portugal) e a Coral Trasdeza de Silleda.
O auditorio estaba cheo e o concerto resultou un éxito pola calidade das corais participantes.
Damos as gracias á Coral de Silleda polas súas atencións e pola súa invitación.

domingo, 15 de mayo de 2011

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2011

(Hai enlaces de vídeos ó final desta entrada)
O día 14 de maio celebramos o tradicional concerto co gallo do día das Letras Galegas.
Escomenzou actuando a Coral Alborada de Cabral, Vigo, coa que tiñamos unha débeda, despois de tenos recibido o ano pasado.
A continuación o Coro de Cámara Música Viva de Boborás demostrou que non fai falta ser un coro grande para ser un gran coro.
Por último a Coral Polifónica de Agolada, que xogaba na casa, recibíu tamén o aplauso do numeroso público que tivo a deferencia de vir a escoitarnos.

Moitas grazas a todos.





Coral Alborada de Cabral (Vigo)









Coral Polifónica de Agolada













D. Antonio Rey (Presidente de FECOGA) dirixindo unhas palabras aos asistentes








Coro de Cámara Música Viva de Boborás





VÍDEOS
No seguinte enlace podedes ver a interpretación da Coral Polifónica de Agolada, de Soidades, de Rey Rivero. Atención ó solo de Maruxa Fociños, membro de Fuxan os Ventos e compañeira da nosa Coral
http://www.youtube.com/watch?v=l1qkgC5mBGg

E neste, a canción Ahora, de Otilio Galíndez, interpretada polo Coro Música Viva

http://www.youtube.com/watch?v=6BPxLUrtzEk