PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

martes, 1 de mayo de 2012

lunes, 13 de febrero de 2012

CONCERTO COA CORAL DO COLEXIO DE AVOGADOS DE PONTEVEDRA

Magnífica velada a que vivimos o sábado, día 11 de febreiro xunto cos nosos amigos da Coral do Colexio de Avogados de Pontevedra que amosaron un altísimo nivel artístico e humano.
Esperamos volver a coincidir con eles noutra ocasión.
Próximamente esperamos contar con algunha grabación do concerto e compartirémolo.

Ademáis ese mesmo día pola mañá cantamos unha misa polas bodas de ouro duns amigos no incomparable marco do Pazo de Bendoiro.

Día completo.

domingo, 15 de enero de 2012

viernes, 6 de enero de 2012

CONCERTO DE REIS EN AGOLADA (5/01/2012)

Este ano no tradicional concerto de Reis quixemos sorprender ó público coa interpretación de tres temas de música flok de nadal, acompañados polos membros da Banda do Antón.

Moitas grazas pola súa colaboración desinteresada e magnífica.

Ademáis, coma sempre actuou tamén a Banda de Agolada que demostrou o gran nivel que todos sabemos que ten.




martes, 27 de diciembre de 2011

CONCERTO EN TABOADA (LUGO) 18-12-11)

Actuación nun concerto de Panxoliñas organizado pola Coral de Taboada (Lugo) o día 18 de decembro.
Sinto non ter fotos.

CONCERTO EN CHANTADA (10-12-11)

O pasado día 10 de decembro participamos nun concerto de música de nadal organizado pola Coral de Chantada.

jueves, 24 de noviembre de 2011

SANTA CECILIA (AGOLADA) 19-11-11

O día 19 de novembro celebramos en Agolada o tradicional concerto de Santa Cecilia onde participou a Coral, a Banda de Agolada e o grupo Bico da Balouta.
Como sempre foi un éxito de público, a xente de Agolada nunca falla.
Este ano a novidade foi a interpretación conxunta de varias pezas entre a coral e o grupo Bico da Balouta. Penso que foi unha sorpresa ben acollida polo público e que intentaremos repetir nalgunha outra ocasión.
En canto á actuación da Banda, dicir que volveu a sorprender a súa calidade. É un orgullo para Agolada ter unha Banda desa categoría. Desexámoslle un grande éxito no certame no que participan o vindeiro sábado.
Grazas unha vez máis a Angel Utrera polas fotos.




Bico da Balouta







actuación conxunta da coral e Bico da Balouta







Banda de Agolada