Unha tarde magnífica a que vivimos o pasado sábado, día 9 de abril, en Silleda.
Organizado pola Banda de Silleda celebrouse o Festival de Bandas anual no que participaron as bandas de música de Silleda, Oleiros e Vilagarcía.
O nivel de tódalas Bandas foi impresionante e a banda de Silleda estreou a obra do autor valenciano Saúl Gómez y Soler titulada Santiago Capitán Abencerraje. Para esta peza contou coa participación das corais, Trasdeza de Silleda, Ecos do Ulla de Monterroso e a coral polifónica de Agolada. Perto de 100 voces que vibraron ó son da melodía de aires morunos interpretada polos músicos de Silleda.
A experiencia resultou moi gratificante para todos nos a pesares do esforzo de preparar este tema con escaso tempo e a responsabilidade que supón compartir escenario con músicos do nivel demostrado na tarde do sábado.
A nosa noraboa a todos os participantes. Mención especial merece tamén o coro de rapaces da escola de música de Silleda que despediron o acto interpretando unha bonita peza xunto coa banda de Silleda.
En canto teña algún vídeo subireino para que poidamos disfrutalo.